
![]() |
¿Que é o ioga? |
| O ioga é un dos seis sistemas da filosofía india. A palabra "ioga" vén da raíz sánscrita yuj, que significa unión. No plano espiritual significa unión do Sí-mesmo Individual co Sí-mesmo Universal. O ioga é a unión do corpo, a mente, as emocións e o intelecto. O sabio Patanjali escribiu sobre esta materia no seu tratado coñecido como "Os Yoga Sutras de Patanjali". | |
![]() |
¿Cales son os diferentes aspectos/fases do Ioga de Patanjali? |
A exposición do sabio Patanjali consiste en tan só 196 yoga sutras concisos que cobren todos os aspectos da vida. Os oito estadios (astanga) do ioga son:
|
|
![]() |
¿Qué é o “Yoga IYENGAR®”? |
| O tratado de ioga do sabio Patanjali consiste en só 196 aforismos concisos recompilados no século V a.C.Yogacharya B. K. S. Iyengar fixo posible que seres humanos correntes experimenten a sabedoría dos Yoga Sutras. El atopa o significado dos sutras a través dunha procura práctica e unha práctica regular (continua). O ioga de Iyengar demostrou e ensinou como se integran os oito aspectos do ioga astanga. O seu estilo de ensinar ioga, que é agora seguido por profesores titulados, veu en chamarse "Ioga IYENGAR®”. | |
![]() |
¿Cales son as características únicas do "Ioga IYENGAR®"? |
|
|
![]() |
¿Que relevancia ten o ioga no mundo actual? |
| A práctica do ioga axuda a calquera a conseguir unha boa saúde, paz mental, ecuanimidad emocional e claridade intelectual. Cun corpo san, mente clara e emocións puras, o practicante pode aprender a destacar na súa carreira de elección. Por exemplo, o mestre violinista Lord Yehudi Menuhin recoñece a Guruji como o seu mellor profesor de violín. |
As preguntas y respuestas que aquí aparecen son traducción das publicadas na páxina web de B.K.S. Iyengar (www.bksiyengar.com)
