Bibliografia

Las traducciones en España han sido editadas por Kairós. Puede contactar con la editorial para comprar su copia on-line o bien encargarlos en su librería.

Libros

El árbol del yoga

O libro máis claro, conciso e iluminador acerca do Ioga, tanto na súa vertente máis filosófica, como no seu lado máis práctico.

240 pax
7ª edición

La esencia del Yoga (volume 1)

La esencia del yoga consiste nun vasto proxecto editorial no que o obxectivo é reunir todo o material de artigos, conferencias, entrevistas, sesións de preguntas e respostas e cursos de formación, ofrecidos por Yogåcårya Iyengar. Este primeiro volume contén -entre outras temáticas- a definición do Ioga, textos biográficos do mestre Iyengar e a exposición clásica do Ioga de Patañjali.

368 pax
1ª edición

La esencia del Yoga (volume 2)

Este segundo volume contén unha exposición dos oito membros do ioga (astanga yoga), unha detallada presentación do hatha yoga e, na súa terceira parte, a explicación que dá o autor da súa aportación específica ao ioga. Así, este volume constitúese como o núcleo do edificio teórico do que vén chamando o "Ioga Iyengar".

424 pax
1ª edición

Luz sobre el pranayama

Presentación das técnicas yóguicas da respiración (pranayama) de forma intelixible, clara e rigorosa

336 pax
3ª edición

Luz sobre el yoga

Grazas a Luz sobre el Yoga decenas de miles de persoas aprenderon a facer do Ioga unha parte esencial da súa vida cotiá. Edición completa en gran formato.

472 pax
5ª edición

Luz sobre la vida

Neste libro cálido, enxeñoso, lúcido, útil e rebosante de humor, o mestre Iyengar alude ao papel que as posturas e técnicas de respiración yóguicas desempeñan na nosa procura de plenitude, aos obstáculos externos e internos que nos impiden progresar ao longo do camiño e ao xeito en que o ioga pode axudarnos a vivir en harmonía co mundo que nos rodea.

368 pax
2ª edición

Luz sobre los yoga sutras de Patañjali

Texto fundacional de todas as correntes de ioga, transmitido polo sabio Patañjali fai dous mil anos, traducido e cumpridamente comentado polo mestre B.K.S. Iyengar.

496 pax
3ª edición

Yoga Iyengar: Manual de Iniciacion

Los beneficios del Yoga para la salud. 
Manual terapéutico de técnicas de yoga para mejorar la salud mediante ejercicios de fácil ejecución. Cómo curar los trastornos que afectan a los diversos sistemas y aparatos: respiratorio, cardiocirculatorio, digestivo, génito-urinario, osteomuscular, sistemas nervioso, etc.

160 páginas
1ª edición

Yoga para la mujer

O propósito de Yoga para la mujer consiste en axudar a todas aquelas mulleres que se atopan baixo constantes presións físicas, emotivas e mentais. A autora sostén que o acougo e a saúde poden alcanzarse coa axuda do Ioga, sen necesidade de fármacos. E é que o Ioga é capaz -en primeiro lugar- de tranquilizarnos; logo, de espertar a mente; para rematar, o Ioga prepara o camiño para o repouso espiritual.

376 pax
1ª edición