A AEYI é o órgano representativo dos practicantes de ioga que seguen o ensino de Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar. Esta asociación foi constituída en 1996 e é a única en España recoñecida por B.K.S. Iyengar. Ao ser o seu ámbito de actuación estatal, e dado que España é unha realidade multicultural, a A.E.Y.I. respeta esta diversidade e tena en conta no seu funcionamento. Os seus fins son:

  1. Promover e difundi-lo ioga segundo as directrices de B.K.S. Iyengar 
  2. Fomenta-la coordinación e a cooperación entre os seus asociados. 
  3. Velar polo nivel de calidade do ensino dos seus profesores.

 Consello Reitor e Xunta Directiva

O Consello Reitor é o órgano fundamental da A.E.Y.I. e está formado por doce socios, entre profesores e alumnos. A renovación parcial dos membros do Consello Reitor faise democraticamente entre todos os socios da A.E.Y.I., levándose a cabo na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebra anualmente. Na súa primeira reunión trala devandita Asemblea, o Consello Reitor elixe entre os seus membros á Xunta Directiva da A.E.Y.I., órgano encargado da xestión ordinaria da A.E.Y.I.

 Comités Colaboradores

Actualmente, a Asociación conta con dous comités colaboradores:

  1. Yoga Jwala. Este comité é o encargado da elaboración e publicación da revista anual Yoga Jwala que se distribúe gratuitamente entre os socios/as. Nela recóllense artigos de gran interese para os practicantes de Ioga Iyengar e para os membros da Asociación. 
  2. Tradución Yoga Rahasya. Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Ioga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente e en inglés. Proporcionar a tradución ao castelán desta revista é un dos servizos que ofrece a AEYI aos membros que así o desexan e que son subscritores desta.

 Actividades da AEYI

Para a consecución dos seus fins sociais, a Asociación organiza distintas actividades, unhas enfocadas exclusivamente aos socios, e outras dirixidas a persoas interesadas en xeral.


Socios

Coa súa adhesión á AEYI., está impulsando a difusión do método de Ioga Iyengar en España.Todo practicante de Ioga Iyengar pode solicitar a súa admisión como membro da AEYI. Para iso ha de encher e enviar á sede o formulario de inscrición no que se require a firma dun profesor titulado pola AEYI. Nese formulario aparecen as diferentes cotas ás que pode acollerse cada un dos socios/as. Algúns dos servizos que a Asociación ofrece aos seus membros son os seguintes:

  1. Asemblea Xeral. Todos os socios/as da Asociación son convocados a participar na Asemblea Xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, e nas decisións que aí se tomen.
  2. Convención Española de Yoga Iyengar. A AEYI organiza e celebra periodicamente Convencións de Ioga Iyengar co fin de fomentar a unidade, a harmonía e a comunicación entre todos os practicantes de Ioga Iyengar.
  3. Revista "Yoga Jwala", Nela recóllense artigos de gran interese para os practicantes de Ioga Iyengar: entrevistas a B.K.S. Iyengar, extractos de textos e conferencias del e dos seus fillos, memoria anual da Asociación e das actividades realizadas por esta, etc.
  4. Tradución ao castelán da revista "Yoga Rahasya". Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Ioga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente e en inglés. A Asociación proporciona a tradución ao castelán desta revista a todos aqueles membros que así o desexan e que son subscritores desta.
  5. Venda de material impreso e audiovisual procedente de India. A Asociación ofrece, sen ánimo de lucro, a posibilidade de comprar material procedente de India e directamente relacionado con B.K.S. Iyengar e fillos (libros, revistas, audios, CD´s, vídeos,...).

Outros Servizios

Algunhas das actuacións da AEYI están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas no Ioga Iyengar, xa sexan socios/as ou non da Asociación.

  1. Información xeral: A través do teléfono, fax, correo postal e correo electrónico, desde a AEYI facilítase toda a información que está da súa man a quen así o solicitan. Na páxina web publícase información tanto de interese xeral como específica para os seus asociados/as.
  2. Lista de Profesores: A Asociación mantén en todo momento actualizada e publicada a Lista de Profesores Titulados pola AEYI e oficialmente recoñecidos por Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar.
  3. Subscrición á revista "Yoga Rahasya". Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Ioga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente e en inglés. A Asociación xestiona todas aquelas solicitudes de subscrición que se demandan desde España.
  4. Tramitación de solicitudes. Desde a AEYI tramítanse tamén outras solicitudes diversas dirixidas ao Ramamani Iyengar Memorial Ioga Institute (RIMYI), como son as instancias para participar nos eventos que se organizan en Pune, etc.